|
A Ghudalla
é un localismo que se empregaba hai anos por Moaña
(non exclusivamente) para referirse a cando @s nen@s
colgaban clase, catequese,... cando eludían o
adoutrinamento imposto dende as escolas ou a igrexa,
para empregar ese tempo en trasnadas máis
proveitosas ou, cando menos, máis divertidas.
A día de hoxe
prácticamente xa non se utiliza, mais nós quixemos
utilizar este termo por esas connotacións de
inconformismo, de iniciativa para facer algo, xa que
iso é máis ou menos o que pretendemos facer con esta
asociación cultural, tomar nós iniciativas para
ofrecer aquilo que os estamentos oficiais non nos
ofrecen
A asociación cultural
A Ghudalla ten por obxetivos
recuperar, divulgar e promover/revalorizar o noso
patrimonio, tanto cultural (costumes e tradicións
que en moitos casos caíron no saco do esquecemento),
como tamén esa riqueza paisaxística, aquilo co que a
natureza nos obsequia nestas terras de mar e monte.
Os eventos que organizamos (charlas, obradoiros,
roteiros, xogos tradicionais, concertos,...) van
todos impregnados con ese carácter etnográfico que,
coidamos, é a mellor forma de protexer o noso
patrimonio, a nosa historia.
Mención especial merece a nosa participación cun
equipo permanente na Liga Nacional de Billarda (LNB) dende
que se iniciou no sur de Galiza, o pasado 2008. É
todo un orgullo levar o nome de Moaña por Galiza
adiante cun dos equipos máis numerosos da liga, e
non digamos traer ó resto dos equipos da liga a
xogar ó noso pobo. Avante cachisa!!! 
|